Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega: “Nós levamos á Mariña no corazón, o PSOE tira no lixo o seu futuro”

 Compostela, 23 de outubro, 2019. “Nós levamos á Mariña no corazón, o PSOE tira no lixo o seu futuro”. Así o manifesta o deputado autonómico, Daniel Vega, logo de que o conselleiro de Industria, Francisco Conde, confirmase esta tarde no Parlamento de Galicia, a instancias da pregunta formulada polo mariñao, as medidas que trasladará a Xunta aos partidos nacionais no marco da súa proposta de estatuto para as electrointensivas.

Deste xeito, o popular pon en valor que se demostra que, “mentras o Goberno da Xunta suple ao Central, os socialistas seguen poñéndose de perfil”. E todo iso, a sabendas, indica, de que “todos temos claro que o verdadeiro problema de Alcoa ė que non pode competir en igualdade de condicións co resto da industria europea por culpa dun prezo eléctrico elevado”.

O Goberno leva un ano anunciando o documento para os consumidores electrointensivos que permita fixar este prezo eléctrico competitivo para o tecido industrial. Fronte a estes reiterados incumprimentos, o Executivo de Feijóo decidiu tomar de novo a iniciativa e elaborou as liñas básicas que debe recoller o Estatuto, que serán enviadas aos partidos políticos a nivel nacional para tratar de desbloquear esta situación. Son as seguintes:

• Medidas de carácter fiscal, como a supresión do imposto do 7% á xeración eléctrica a todos os consumidores, sexan grandes empresas, pemes ou particulares; e a supresión do céntimo verde ao carbón.

• Redución de cargas e peaxes recollidos nas tarifas de acceso. Trátase de axustar os custos de transporte ao resto de países europeos.

• Ampliación das axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2.

• Fomento da contratación a longo prazo de enerxía eléctrica, de tal maneira que o consumidor poida asegurar o seu prezo do mercado eléctrico para un determinado volume.

• Ademais, recóllese como necesidade irrenunciable a incorporación da categoría do consumidor hiper electrointensivo.

Con todas estas medidas, sumadas á poxa de interrompibilidade, a industria galega poderá Gcompetir en igualdade de condicións co resto de Europa, situando o prezo do MW entre os 35 e os 40 euros.

Exit mobile version