Site icon Crónica3.com A Mariña

Derrota do BeOne no derbi fronte a Muralla de Lugo

 Ribadeo, 27 de outubro, 2019. O BeOne Ribadeo desprazouse á capital Lucense para disputar o derbi máis igualado dos últimos anos.
Por unha banda o Muralla, un club en claro crecemento (unha das escolas máis numerosas do rugby Galego) cunha renovada directiva que está a lograr dar moita máis visibilidade ao club e con equipos non só en todas as categorías senón co equipo feminino en División de Honra B.
En definitiva un club en claro crecemento e con moita historia na cidade, onde son moitos os xogadores e veteranos, involucrados no seu extructura, tanto deportiva como organizativa.
Doutra banda o BeOne Ribadeo, un Club novo que nace fai tres anos nas escolas deportivas municipais e que se foi facendo un oco no rugby Galego axuntando xogadores da Mariña e o occidente Asturiano. Con moitas dificultades para completar equipos (15 xogadores saltan ao campo nun partido de Rugby) e que, un ano máis, compite en Liga Galega con persoais moi axustados tanto a nivel de xogadores como de técnicos.

O BeOne desprazou a Lugo 13 xogadores, os 11 que xa jugarón o primeiro partido fronte a CRAT Coruña, aos que se sumaron Jorge Santalla (sub16 de primeiro ano que disputo os seus primeiros minutos despois de dous adestramentos) e Alicia Fernández unha valente sub14 de segundo ano que decidiu sumarse a Dario Fernández, xogador Tapiego, tamén sub14 e que se incorporou ao sub16 desde o primeiro partido. Non é normal ver xogadoras subir de categoría en rugby, cando a norma permítelles baixar se son de primeiro ano, pero sen dúbida ver como 11 xogadores saltaban ao campo en Ribadeo a xornada anterior contra 15 foi motivo máis que suficiente para ela.
O partido tivo dous partes moi definidas, o arranque dos ribadenses foi irresistible e no minuto 3, 18 e 23 lograban irse claramente no marcador 0-17, a partir dese momento un Muralla, que soubo ler perfectamente o partido, ben aconsellado en ambas as bandas, soubo aproveitar a súa superioridade numérica #ante un BeOne que se relaxou en exceso e vió como ao descanso vía desaparecer a súa vantaxe con tres ensaios, min.26, 35 e 37 que non só igualaban a contenda senón que ao ser centrados e fáciles de transformar poñían por diante ao equipo local 21-17.
Sen dúbida un final de primeira parte nefasto para o equipo de Ribadeo, que vía como nada máis comezar a segunda parte, e de novo cunha xogada na que o Muralla facía valer a súa superioridade numérica no campo, materializaba un novo ensaio, que xunto a outro no minuto 60 poñía terra polo medio e situaba un preocupante 33-17. Os ribadenses non perderon a cara ao partido en ningún momento e no minuto 63 situábanse con opcións de poder remontar de novo o partido cun ensaio de Daniel Amor, un dos destacados, 33-24. Con este resultado e con máis corazón que cabeza o BeOne atacaba unha e outra vez a nutrida defensa do equipo de Lugo que fixo honra ao seu nome e cal muralla impediu a reacción ata o minuto final onde ademais, nun roubo de balón conseguiu o 38-24 definitivo.
Para o adestrador do BeOne “Foi un merecido triunfo do equipo de Lugo, non soubemos administrarnos para manter a vantaxe e, como xa dixen fronte a CRAT, o Rugby é un deporte moi físico e xogar con menos xogadores e contra un equipo que pode facer cambios é moi complicado. Non podo dicir que nos valamos contentos pero a diferenza de 14 puntos (2 ensaios) fainos ter esperanzas de remontar este resultado na volta en casa, sen dúbida esperamos completar o persoal para entón. Tampouco estivemos finos na táctica, foi unha semana dura, o noso apertura non puido adestrar co grupo nin un só día e hoxe xogou sen superar a Bronquite que arrastra. A pesar de todo traballaremos para corrixir erros e esperamos poder estar ao 100% pronto, tanto no físico como no numérico”.

No mes de Novembro ponse en marcha toda a escola ao completo, o día 2 o sub16 en casa contra Ferrol, o día 10 o equipo Sub18 e Senior en Oviedo contra Cowper e o día 16 arrincan sub12, competición para sub14 e xornada de Rugby Inclusivo. Un mes que pechará o Sub18 e Senior xogando en Tapia fronte ao Pilier de Grao.

Exit mobile version