Site icon Crónica3.com A Mariña

Galicia en Común garantirá o acceso a banda ancha no rural de Lugo para acabar coa fenda dixital

 Lugo, 30 de outubro 2019. Galicia en Común puxará desde o Goberno do Estado por garantir a banda ancha no rural da provincia de Lugo para acabar coa fenda dixital que frea o desenvolvemento das zonas con peores conexións a rede.

“Garantir o acceso á banda ancha nas zonas rurais de Galicia é unha das propostas que figura no noso programa e que coidamos fundamental para impulsar a participación do sector público”, defende Vanessa Somoza, candidata de Galicia en Común pola provincia de Lugo. Executaríase a través dunha estratexia liderada por Red.es e sostida por investimentos públicos para ampliar a cobertura de servizos de comunicacións de banda ancha, internet e telefonía móbil, explica Somoza.

“Con esto o que procuramos é e garantir o acceso en igualdade de condicións para as persoas,os veciños e veciñas de Lugo, tanto se viven nos concellos rurais galegos como nas zonas periurbanas ou nos cascos históricos, o que incide na redución da fenda dixital por razóns de xénero e idade”, explica Somoza.

A aposta polo rural de Galicia en Común tamén pasa polo financiamento do desenvolvemento rural de Galicia creando un marco financeiro multifondo para a política de desenvolvemento rural de forma que poida acollerse aos fondos da Unión Europea, co impulso a programas de emprego a través de liñas de financiamento de entes públicos e entidades son ánimo de lucro que doten de persoal as oficinas agrarias comarcais, distritos forestais e centros de investigación con maiores dificultades estruturais.

“Lugo, como o resto do país, pola súa orografía e a dispersión da poboación, precisan dun novo impulso e modelo de transporte sustentable nas conexións internas, por exemplo con microbuses e outras fórmulas, para prestar servizos que resulten lóxicos nos horarios, rutas e paradas, acordes as necesidades laborais e escolares das veciñas e veciños, así como unha garantía de asistencia sanitaria e social de proximidade”, explica Somoza.

Exit mobile version