Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciativas do BNG de Viveiro para o pleno de outubro

Viveiro, 1 de outubro, 2019.

Mocións

Declarar Viveiro libre de contaminación electoral, dende a cartelería colada como a suxeitada en iluminarias, sinais, postes, pontes… en todos os seus formatos, para a cal habilitaráse por parte do Concello, naqueles espazos públicos máis estratéxicos das parroquias do concello, soportes (paneis, taboleiros…) temporais ou permanentes acordes coa estética da contorna.

Salvagardar os postos de traballo en Alcoa e auxiliares, co fin de demandar ao Goberno Estatal medidas urxentes para paliar así a crise da industria electrointensiva galega, e que a Xunta de Galiza abandone tamén, a súa posición de deixadez e actúe máis alá das declaracións electoralistas.

Rogos e preguntas

A eliminación de toda simboloxía franquista do Barrio do Chao en aplicación da Lei de Memoria Histórica, facendo fincapé na subtitución das placas que están baixo a estatúa de San Rafaeliño, as cales nombran ao fascista Antonio Pedrosa Latas.

Os locais que están en propiedade do Concello de Viveiro. Preguntaremos a relación nos que o concello e as asociacións e colectivos desenvolven actividades culturais, deportivas ou de ocio. Así como a dos locais que algunhas entidades teñen cedido ao Concello e os criterios de cesión dos mesmos.

Rehabilitación do acceso aos Espiñeiros en Celeiro. Preguntaremos que pasou coa promesa do PSOE de Viveiro que incluso levaban no seu programa electoral sobre o proxecto de rehabilitación e adecentamento deste lugar, que da paso a vivendas, garaxes e locais, e para cando teñen pensado executalo.

Exit mobile version