Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde da Pontenova, Dario Campos, acompañado dos membros do equipo de Goberno, presidiu este venres a comida de confraternización aos maiores da vila, que organizou o Concello, e na que participaron preto de 300 veciños

O Pavillón polideportivo acolleu esta xornada, na que Campos remarcou “o traballo e o esforzo que realizan os servizos sociais do Concello para mellorar a calidade de vida de todos os nosos maiores. Somos unha vila cunha poboación altamente envellecida, e por iso, que con xuntanzas coma esta, queremos contribuír a poñer en valor o sacrificio que fixeron os nosos maiores ao longo de toda a súa vida”. Este acto tamén serviu para homenaxear aos veciños de maior idade da vila. Jesusa Fernández Veiga, nada no 1914, e Alfredo Veiga Mourelle que naceu o 25 de decembro de 1928. “Jesusa e Alfredo son o verdadeiro exemplo de que as veciñas e veciños da Pontenova merecen unha homenaxe, unha pensión digna, e por suposto unha residencia pública da que desfrutar e na que poder vivir. Meréceno”, resumiu Campos Conde.

Exit mobile version