Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Burela anima a participar na concentración de hoxe en apoio de Alcoa

 Burela, 24 de outubro de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, anima a participar na concentración que terá lugar hoxe ás 20:30 horas na praza do Concello para amosar o apoio da Mariña a Alcoa.
O rexedor pensa que “hoxe é unha boa oportunidade para manifestar o noso apoio e o noso compromiso pola defensa dos postos de traballo e pola actividade na factoría de Alcoa aquí na Mariña”.
Alfredo Llano invita “a toda a xente da comarca e a xente que queira integrarse tamén de fora á concentración que temos hoxe, ás oito e media, na praza do Concello de Burela. E agardamos que sexa como se merece este acontecemento e sexa o máis maioritario posible. Quedan todos polo tanto invitados a participar nesta concentración”.
Desde o pasado luns na fachada do Concello pódese ver unha pancarta na que se le “Peches non. Enerxía Solución. Por un prezo da enerxía xusto para todos. Na defensa dos postos de traballo. Comité de empresa de Alcoa San Cibrao”.

Exit mobile version