Neste sentido a portavoz comarcal Ana Ermida manifestou que “é necesaria a presenza do BNG no Congreso dos Deputados para facer valer esta comarca, visto que as forzas de obediencia estatal deixan de lado os intereses mariñaos á hora de posicionarse e buscar solucións en temas tan importantes coma a crise en Alcoa ou as infraestruturas”.
Unha comarca con moitas posibilidades e con confianza no futuro que precisa voces que a representen dignamente
A candidata número 1 ao Congreso, Olalla Rodil destacou as potencialidades de A Mariña en moitos sectores, e recalcou, ao igual que as demais candidatas e candidatos a necesidade de que os problemas reais desta comarca sexan escoitados para poder darlles solución. Así, a candidata nacionalista afirmou que “fronte á irresponsabilidade e a frivolidade coa que actúan as forzas políticas estatais que miran os seus propios intereses antes ca os da sociedade galega e mariñá, o BNG ofrece seriedade, diálogo e responsabilidade na acción política”
Olalla Rodil apelou a ese díálogo, seriedade e responsabilidade dos que sempre fixo bandeira o BNG para dar solucións a moitos dos retos que agora mesmo tén que enfrontar esta comarca, con urxencia, pero con decisión e co maior consenso e unidade de accións posibles.
Enerxía solución¡¡ Marco enerxético propio
Un dos primeiros retos aos que se referíu foi ao tema da enerxía, necesaria para que siga funcionando o mais importante polo industrial da provincia, a factoría de aluminio de San Cibrao, pero tamén moitas empresas da comarca e da provincia que tenen que pagar un altísimo precio pola electricidade, por eso o BNG demanda un marco enerxético propio coa creación dunha Tarifa Eléctrica que abarate o prezo da enerxía no país que mais produce no Estado.
Novas infraestruturas para o século XXI
Vellas demandas da sociedade mariñá e do BNG volverán ao Congreso dos Deputados, entre elas rematar co retraso nas infraestruturas viarias, coma a autovía Barreiros-San Cibrao, con décadas de esquencemento enriba, ou a vía de FEVE, porque se hai vontade política, pódese evitar que siga esmorecendo e convertila nun moderno medio de comunicación.
San Cibrao, Autoridade Portuaria Propia, non dependente de Ferrol
O BNG defendeu sempre e vai seguir defendendo a segregación do porto de San Cibrao, pois é este porto xenera anualmente mais de 3 millóns de euros de ingresos para a autoridade portuaria de Ferrol sen que teña ningún tipo de retorno considerable para a comarca da Mariña. O BNG agarda que os anuncios que se fan nestes días ao respecto non sexan estratexia electoral de ninguén e agarda que se fagan efectivos nun curto espazo de tempo.
Apertura do Dique Norte de Morás ao tráfico comercial
Outra das reivindicacións que sempre abandeirou o BNG pero que as forzas estatais nunca priorizaron sigue sendo vital para a comarca e os nacionalistas seguirán defendendo.
A pesca, sempre pendente de organismos alleos a Galiza e que non tenen en consideración á Mariña
A presentación nestes días dos TAC e cotas para 2020 anuncia recortes para a pesquería da pescada, importantísima para a Mariña, recortes dun 20% nos caladoiros donde faena a nosa flota, asi coma para outras especies. Fan falta voces no Estado que recoñezan que Galiza e A Mariña son altamente dependentes da pesca e que actúen en consecuencia.
Pensións dignas e sistema público garantido
Moitos colectivos de pensionistas da Mariña e de Galiza saen á rua todas as semanas na loita por unhas pensións dignas, loita mais que xusta e necesaria porque Galiza en tema de pensións está á cola do Estado, por eso o BNG defende que Galiza asuma a competencia da xestión e réxime económico da Seguridade Social e derrogar a Lei 27/2011 que supuxo unha contrarreforma brutal das pensións. Proponse elevar progresivamente a pension mínima, que deberá coincidir co SMI. Así mesmo o BNG demanda o compromiso legal de que as pensións se realoricen, polo menos seundo o IPC, e establecer a xubilación ordinaria aos 65 anos.