Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros licita a obra para o arranxo da cuberta do consistorio

 Barreiros, 24 de outubro de 2019. O Concello de Barreiros pon en marcha o proceso de licitación da obra “Rehabilitación enerxética da envolvente térmica de cuberta da Sede Municipal do Concello de Barreiros”, esta obra será unha rehabilitación completa da cuberta e deberá levarse a cabo con materiais que melloren a envolvente térmica da mesma, facendo así do consistorio un edificio enerxéticamente eficiente.
A obra está financiada polo IDEA, dentro das subvencións a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, cun importe de 50.132,74€ para un investimento previsto de 62.665,93€ que inclúe as obras, os gastos de redacción do proxecto e a dirección de obra.
O prazo de licitación para presentar as ofertas a través da Plataforma de Contratación do Estado comezou o 24 de outubro e remata o 14 de novembro (ambos inclusive)
A execución da obra é de dous meses dende que se inicie salvo causas imprevistas.

Exit mobile version