Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro está a organizar un acto de recoñecemento a Adrián Ben

Terá lugar o venres 18 de outubro de 2019, ás 20:00 horas, na Praza Maior. Dende o equipo de goberno anímase a todos os veciños e veciñas a que se acheguen a esta praza para arroupar a Adrián e mostrarlle o recoñecemento, gratitutude e cariño da súa vila natal polo grande éxito obtido no Mundial de Doha e pola súa grande valía, como deportista e ser humano.

Exit mobile version