Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello entregou 14 contedores para uso exclusivo dos supermercados da vila e das vendedoras e vendedores da praza de abastos de Ribadeo

 Ribadeo, 17 de outubro de 2019. O Concello fixo entrega hoxe de 14 contedores para uso exclusivo dos supermercados da vila e das vendedoras e vendedores da praza de abastos de Ribadeo. Ata esta instalación se desprazaron os concelleiros de Medio Ambiente e de Desenvolvemento Local, Jorge Díaz e Pablo Vizoso. Xunto a eles estivo o presidente da asociación de praceiros, Manuel González.
Díaz Freije explicou que “estes contedores están perfectamente rotulados e contan con peche. Serán eses establecementos os que se encargarán de sacalos á rúa cando rematen as súas xornadas de traballo e de recollelos ao día seguinte. Tamén correrá da súa conta a súa limpeza e o seu lavado”.
O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “deste xeito eliminaremos moitos cheiros innecesarios das rúas, sobre todo en época de calor”.

Exit mobile version