Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno dedica cerca de 25M de euros á factoría de Alcoa en subvencións para compensar os custes de emisións indirectas de CO2

 A Coruña, 25 de outubro de 2019. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informa de que o Consello de Ministros autorizou aumentar as subvencións polo CO2 ata os 172,23 millóns de euros, unha medida da que a planta de Alcoa en San Cibrao é a principal beneficiada con preto de 25 millóns de euros.
Neste sentido, Javier Losada subliñou que con esta ampliación, o goberno cumpre o seu compromiso de apoiar aos sectores industriais de Galicia e reforza a competitividade das empresas máis intensivas en consumo de electricidade.
Este acordo do Consello de Ministros responde o compromiso da ministra de Industria, Reyes Maroto, na súa visita á planta de San Cibrao e permitirá a Alcoa reducir os custos de enerxía e con iso mellorar a competitividade da factoría.
Desta maneira, o acordo do Consello de Ministros permite ampliar o orzamento destinado á convocatoria de 2019 para a concesión de subvencións relativas ao mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro para custos incorridos en 2018. Este acordo amplía a contía de 91 millóns de euros aprobada o 29 de marzo de 2019 e atenderá as 192 solicitudes recibidas, o que significa a execución do 100% do orzamento autorizado.
Esta ampliación representa o maior importe anual concedido ata a data por un Goberno de España á industria electrointensiva neste tipo de axudas, máis que o dobre do concedido en 2017 (83,8 millóns de euros)
Desta forma, desde xuño de 2018, o Ministerio de Industria outorgaría compensacións por custos indirectos por un total de 256 millóns de euros.

Exit mobile version