Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz presentará unha moción no pleno do mes de outubro para instar ao goberno a poñer en valor o castro de Lelle que foi adquirido no 2018

 Foz, 18 de outubro, 2019. O grupo municipal do Partido Popular de Foz, ven de presentar unha moción instando ao goberno municipal e a outras administracións a poñer en valor o Castro de Lelle en San Martiño que foi adquirido polo goberno Popular no ano 2018.
A concelleira Popular, Laura Riveira xustifica a presentación desta moción dado que “Dende o anterior goberno fíxose unha gran aposta polo patrimonio cultural de Foz con diferentes inversións, entre elas a compra do Castro de Lelle, adquirindo máis de 15.000 m2 e eliminando os ecaliptos que o estaban danando, este conxunto castrexo tan importante está á espera de que se contrate un proxecto de recuperación que permita solicitar a outras administracións o financiamento necesario para levalo a cabo e con elo por en valor este conxunto histórico tan importante…”
Prosegue a Concelleira Riveira “pedimos que se redacte un proxecto, no que se inclua unha limpeza mais exhaustiva e o tratamento dos tocóns, que contemple un levantamento topográfico e un vo con dron para mellor estudio, avaliación de posibles propeccións arqueolóxicas futuras e creación de percorridos con carteleiras informativas e un selado superficial con capa vexetal tipo herba natural ou céspede que permita un mantemento rutinario.”
Remata Laura Riveira “propoñemos tamén na moción unir o Castro coa Basílica que están separados soamente por 500 mts con unha senda peonil para formar con elo un conxunto histórico de un valor cultural e turístico incalculable, e animamos ao goberno a seguir adquirindo terreos para que se puidese contar con un aparcamento colindante á estrada, para facilitar o acceso ao castro”.
“cremos que ademáis do Concello, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo deberían involucrase para sacar a diante este proxecto tan ambicioso que unha vez feito convertiríase nun referente no extenso patrimonio cultural do noso Concello”

Exit mobile version