Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de Activación de Prescriptores Terras de Miranda-Turismo de Lugo para 2019

 Mondoñedo, 25 de outubro de 2019. O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda levará a cabo este venres 25 de outubro, ás 17.00h, un Obradoiro de Activación de Prescriptores en destino, enmarcado dentro do proxecto “Terras de Miranda – Turismo de Lugo” financiado con fondos europeos a través do Programa Leader.

O obxectivo principal é presentar ás empresas do territorio da provincia de Lugo unha ferramenta que posibilite o coñecemento da oferta turística do territorio para poder dar un asesoramento centrado nas motivacións e necesidades dos visitantes, así como para facilitar sinerxías con outros axentes colaboradores.
A xornada contará con dúas partes,
Unha parte teórica, de 17:00 h a 18:30 h
Unha visita presencial ao Museo da Imprenta e ao Museo de Álvaro Cunqueiro, na vila de Mondoñedo, para coñecer de primeira man algún dos recursos existentes no territorio.
A xornada será impartida polo equipo técnico da empresa Valora Consultores, encargada da realización do proxecto.

Para todas aquelas persoas interesadas prégase confirmar asistencia en terrasdemiranda.turismo@gmail.com ou no 673 472 735.

Exit mobile version