Site icon Crónica3.com A Mariña

Os autónomos e pequeno comercio, valen para o PP menos do 0,00001 das axudas en economía, denuncia CxG

Compostela, 30 de outubro, 2019. Nos presupostos de 2020 a Xunta destina 539,8 millóns de euros para economía, emprego e industria. Dos cales un ridículo 3,3 % é para os autónomos galegos. Se os 209.607 autónomos de Galicia se benefician das axudas da Xunta terían unha aportación de 95 euros en 2020. O que significa un 0,00001 do xa pequeno 3,3 % de axudas para economía, emprego e industria. Está e a realidade da axuda do PP a un sector do que dependen moitos empregos non só os do réxime de autónomos.

“É mellor pouco triunfalismo do Sr Feijoo neste eido, non somos exemplo de nada, as cifras de perda de autónomos sitúa a Galicia como primeira nas baixas de este réxime. E a Xunta resposta cun triste 3,3% do destinado a emprego” matizou Piñeiro Docampo, Secretario Xeral dos galeguistas.

No que non repara o PP é que nas zonas despoboadas este é réxime maioritario e tamén no comercio. As políticas de abandono do PP cara o sector produce tamén unha ferida de morte na propia identidade galega. Perdendo a influenza de vilas intermedias como polos de comercio e xeradores de riqueza.
Por elo dende CxG reclamamos unha aposta forte de axuda real ao comercio e aos autónomos xa non como motor económico de tamén, senón como medio para fixar poboación no rural galego.

O PP busca con estes orzamentos aumentar o seu voto directo, mostra da súa debilidade, obviando a propia forma de ser e de facer Galicia, centrándose en oposicións e grandes obras nas zonas poboadas.

Exit mobile version