Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da nova campaña de promoción da “pescada do pincho de Burela” da OPP Lugo con Paradores

 Burela, 3 de outubro, 2019. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo OPP7 presenta este venres 4 de outubro no Parador de Santiago de Compostela Hostal dos Reis Católicos a súa nova campaña de promoción da “Pescada do Pincho de Burela”.
Esta nova iniciativa da OPP Lugo combina a gastronomía, a calidade do seu produto pesqueiro e a importancia da Orixe e o Destino Galicia, nunha campaña que se realiza en colaboración coa rede de Paradores de España e ten unha vinculación moi especial coas diferentes rutas do Camiño de Santiago.
No acto, que comezará ás 11:50h, intervirán Sergio López, xerente de OPP Lugo, que presentará esta acción de promoción conxunta con Paradores e destacará a importancia da pescada do pincho para as frotas da OPP; Julio Cirujano, director técnico de Gastronomía de Paradores, que explicará a importancia dos produtos gastronómicos na rede de Paradores; e pechará o acto a Directora Xeral de Pesca da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez.
Ao finalizar a presentación terá lugar unha degustación de Pescada do Pincho de Burela.

Exit mobile version