Site icon Crónica3.com A Mariña

RadioVoz realiza este venres un programa especial en directo desde Lourenzá con motivo da celebración da Festa da Faba

 Lourenzá, 3 de outubro de 2019. RadioVoz realizará este venres, 4 de outubro, un programa especial en directo desde Lourenzá con motivo da celebración da vixésimo novena edición da Festa da Faba, que se desenvolverá ata o domingo. Este espazo radiofónico escoitarase a través de todas as emisoras desta cadea na provincia lucense: Lugo, Ribadeo, Viveiro, Vilalba, Sarria, Monforte e Chantada.
O programa emitirase de 10 a 12 da mañá desde a entrada da Casa do Concello de Lourenzá e será dirixido e presentado por Félix Jorquera.
Entre os invitados que participarán neste espazo radiofónico estarán a alcaldesa laurentina, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL), Javier Huertas; o presidente do grupo de desenvolvemento rural Terras de Miranda, o laurentino Vidal Martínez-Sierra; o presidente da asociación VespaFaba & Clásicos, Fran Rivas; un representante da Asociación de Cociñeiros da Mariña, Bruno Pena; e outros colaboradores na organización do amplo e variado programa de actividades que ten a Festa da Faba 2019.

Exit mobile version