
Este martes a avoa de Xove estivo de aniversario, concretamente 103 anos. Coma nos últimos anos, o Concello a través do seu alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, fíxolle unha pequena homenaxe na súa casa, onde Constantina estivo arroupada por unha parte da súa familia.