Site icon Crónica3.com A Mariña

A Biblioteca Municipal de Alfoz convoca un ano máis o seu tradicional Concurso de Postais de Nadal

Poderán participar todos os rapaces matriculados nos centros educativos do concello que deberán presentar as súas postais con motivos relacionados co Nadal na Biblioteca Municipal ou en calquera dos centros educativos. A convocatoria establece tres categorías de participación: infantil (de 3 a 5 anos), primaria (de 6 a 12 anos) e secundaria (de 12 a 16 anos). Haberá un premio por cada categoría valorado en 50 euros e, ademais, as tres postais gañadoras serán reproducidas como felicitación oficial do Concello de Alfoz. O prazo de presentación rematará o 13 de decembro de 2019 e o fallo do xurado darase a coñecer nos días posteriores.

Exit mobile version