Site icon Crónica3.com A Mariña

A Exposición “A Mariña Somerxida” visita Ribadeo do 12 ao 26 de novembro

 A Mariña, 12 de novembro, 2019. A exposición fotográfica A Mariña Somerxida que presenta o GALP A Mariña-Ortegal, dos fotógrafos Carlos Gil e Hugo Fernández, sigue os seu itinerario xa na recta final. Estará exposta dende o día 12 ao 26 de novembro na Oficina de Turismo Nova (Rúa Dionisio Gamallo Fierros 7, Ribadeo) , onde se poderá visitar en horario de luns a sábado de 10:00-14:00h e 16:00-19:00h.
Unha exposición fotográfica única na Mariña Lucense, que mostra un patrimonio natural descoñecido pola maioría. Pon en valor a biodiversidade somerxida a través de instantáneas orixinais. Se aínda non tiveches a oportunidade de vela, aproveita e visita Ribadeo para descubrir tamén os fondos mariños da costa de Lugo.
As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Amosamos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademais un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas. A exposición A Mariña Somerxida convértese nun referente para a concienciación e divulgación mariña.

Exit mobile version