Site icon Crónica3.com A Mariña

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo organiza este martes unha xornada sobre innovación na pesca

 Burela, 11 de novembro, 2019. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo organiza este martes 12 de novembro unha xornada sobre innovación na pesca. A xornada, que se organiza en colaboración con Armadores de Burela, terá lugar no salón de actos de ABSA, no porto de Burela (Lugo).
Desde as 10:00h ata as 13:30h sucederanse diferentes charlas de interese sobre a materia, agrupadas en tres bloques temáticos:
BLOQUE I. Monitorización Electrónica. O observador electrónico a bordo
“Casos de éxito de monitorización electrónica na frota española”; Óscar González (MARINE INSTRUMENTS) e Estíbaliz Martínez de Lagos (DATAFISH).
“Monitorización electrónica. Tecnología para pesca sostible. Adaptación á Obriga de Desembarque”; Vicente de Ramón Castejón (DIGITAL OBSERVER SERVICES)
BLOQUE II. Telecomunicacións
“Comunicacións en tempo real”; Eric Friedrich Prive (SATCOM – NAUTICAL).
“Comunicacións satélite a bordo. Os beneficios do barco conectado”; Jean Paul Geelen (SATLINK).
BLOQUE III. Innovación aberta
“FISHING TECH, Casos de éxito en innovación aberta”; Fernando Gago Esteban (KALEIDO TECH).
Esta acción está enmarcada no Plan de Produción e Comercialización 2019 de OPP Lugo y cofinanciada pola Xunta de Galicia e Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Exit mobile version