Site icon Crónica3.com A Mariña

A poesía de Eduardo Estevez inagura este martes a Festa da Palabra

 Foz, 25 de novembro, 2019. A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco da comezo á Festa da Palabra, cun recital poético o martes 26 de Novembro ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA que correrá a cargo a cargo do recoñecido escritor galego Eduardo Estevez que fará un percorrido pola súa traxectoria poética.

Eduardo Estevez, nado en Bos Aires en 1969, é unha dos poetas máis recoñecidos da poesía galega cunha abondosa bibliografía que arranca de medianos da década dos noventa e que lle valeu un importante número de galardóns e un espazo senlleiro entre as voces da xeración dos noventa. Autor de poemarios como entrar na casa, de baleas, lúa gris, nos dentro ou sen fin, destaca tamén como promotor de diversas iniciativas editoriais así como na promoción de recitais ou encontros poéticos.

Tamara Andrés, nada en Poio en 1992, graduada en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo, é unha das voces novas máis sólidas da literatura galega, merecendo diversos galardóns literarios e sendo a autora de dous dos libros do relevo dos últimos tempos, como Nenæspiraes, gañador do concurso de poesía O Facho e Corpo de Antiochia na colección Dombate poemario traducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018.

Os actos da Festa da Palabra terán continuidade o mércores 27 de novembro ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz, onde recitará os seus versos Estibaliz Espinosa, unha das grandes voces da poesía galega actual.

Exit mobile version