Campos Conde avanzou ademais, que se realizarán tres charlas no Salón de Actos da Casa da Cultura os días 23, 26 e 27 de novembro, para reivindicar a importancia deste enclave natural que une Galicia e Asturias. Todos os interesados deben anotarse no telefono do Concello 982 34 22 77 (Angeles).
O Rexedor convidou a todas veciñas e veciños a participar nestes encontros. “A Pontenova forma parte desta Reserva, e pode converterse nunha boa oportunidade de traballo, e ao mesmo tempo de impulso turístico natural da nosa vila, por iso debemos de aproveitala”, argumentou.
Programación
O mandatario explicou que a programación comeza o día 23, dende ás 10:00 ata ás 14:00 horas, cunha xornada que leva por titulo “Promoción e desenrolo da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, coa participación de emprendedores das distintas reservas de Galicia que amosaran a súa experiencia coas potencialidades de negocio no medio rural. O día 26, dende 16:00 ata ás 20:00 horas, haberá unha cita sobre a concienciación ambiental e a problemática actual, xestión de residuos, contaminación de augas e novos modelos de xestión. E por último, o día 27, dende ás 17:30 ata 21:30 horas, as veciñas e veciños poderán solicitar un composteiro e desfrutar dun taller teórico- practico para utilizalo.
Declarada pola UNESCO no 2007
A Reserva da Biosfera de Río Eo, Oscos e Terras de Burón foi declarada como tal pola UNESCO no 2007, converténdose na primeira comunidade cualificada con esta consideración fóra da rede de espazos naturais protexidos. E ten a particularidade, ademais, de ser a primeira que é compartida por dúas comunidades autónomas, Asturias e Galicia. Na provincia de Lugo atinxe aos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova, Baleira, Negueira de Muñiz , Ribadeo , Ribeira de Piquín e Trabada.