Site icon Crónica3.com A Mariña

A Ribeira reúnese co deputado nacional Xaime Olano para explicarlle os graves problemas en Foz co peirao de Porto Chico

 Foz, 5 de novembro, 2019. No día de hoxe aproveitando a visita a Foz de Jaime Olano do Partido Popular e deputado por Lugo no congreso nacional, puidemos manter con el unha pequena reunión para explicarlle os graves problemas que temos e sufrimos os usuarios recreativos, profesionais e empresas de turismo no peirao de Porto Chico. Problemas que xa explicamos en repetidas ocasións e que teñen fácil solución se hai vontade política de querer atallalos.

En Foz precisamos de forma urxente unha optimización de este peirao que xa leva en situación catastrófica moitos anos e con promesas de solucións que se remontan a época do bipartito e que xa se fan eternas.

A vista está e como un claro exemplo temos a recente optimización do outro peirao focego “O Muelle” que rapidamente encheu as infraestruturas novas creadas e que claramente xera riqueza nos arredores do mesmo.

Pero a ninguén se lle ten que esquecer que seguemos a ter outro peirao o de Porto Chico, seguemos a ter unha lista de espera moi grande para ter un atraque deportivo en Foz, seguemos a ter un sector como é o dos profesionais que precisan como auga de Maio operar nese peirao con seguridade e que agora non poden facer, seguemos a ter un crecemento de empresas de turismo náutico que precisan dunhas instalacións óptimas para poder traballar.

En definitiva seguemos a ter en Foz un recurso moi importante e valioso como é o de un peirao, sin poder utilizar e aproveitar, e esta situación que se alarga tanto no tempo, so se soluciona se ademais das eternas promesas hai VONTADE POLITICA de querer facelo.

Trala reunión acordamos acudir a unha nova reunión en Santiago para voltar a explicar a nova presidenta de portos Susana Lenguas a necesidade imperiosa de arranxar Porto Chico

Exit mobile version