Site icon Crónica3.com A Mariña

A UCGAL organiza seis talleres sobre a factura da electricidade no Concello de Foz

 Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019. A Unión de Consumidores de Galicia en colaboración co Concello do Foz, impartirá seis sesións informativas sobre a factura da electricidade que se desenvolverán nos locais de distintas asociacións veciñais do Concello. O acceso é completamente libre en todas elas.
A actividade que será impartida por persoal técnico da Unión de Consumidores de Galicia, está dirixida a veciñas e veciños do concello que desexen resolver as súas dúbidas en relación coa factura da electricidade e coñecer os mecanismos que lles permitan aforrar na mesma.
As actividades formativas sobre a factura eléctrica teñen por obxectivo permitir que os usuarios e usuarias saiban distinguir entre mercado libre e regulado, tarifas eléctricas, así como coñecer a potencia aconsellada para o seu fogar. Ademais abordaranse os aspectos máis importantes do bono social e do tícket eléctrico da Xunta de Galicia.
Os veciños e veciñas de Foz poderán participar nestas actividades a partires das 19.00 horas dos días
• 5 de novembro no local da Asociación de Veciños “O Torques” de Marzán
• 18 de novembro na Casa da Cultura de Foz
• 19 de novembro no local da Asociación de Veciños de Nois
• 25 de novembro no local da Asociación de Veciños de San Martiño
• 26 de novembro no local da Asociación de Veciños “San Pedro” de Cangas
• 27 de novembro no local da Asociación de Veciños “O Castro” de Vilaronte
As actividades contan co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia no seo do programa “Dálle luz á túa factura”.

Exit mobile version