Site icon Crónica3.com A Mariña

A xunta de goberno da Deputación aproba unha actuación urxente en Magazos

 Lugo, 22 de novembro de 2019. Na Xunta de Goberno da Deputación de Lugo de hoxe aprobouse unha actuación con carácter urxente para acondicionar a estrada LU-P-6604, en Viveiro, na parroquia de Magazos. Trátase da vía que se viu afectada a semana pasada polo temporal de fortes chuvias e vento que propiciou que se tivera que cortar en dous debido aos desprendementos de terra que impedían o tránsito normal de vehículos por esta zona.

A Deputación investirá 52.732 € na execución desta obra, que fará a empresa adxudicataria dos labores de conservación de estradas nesta zona da Mariña lucense. A voceira do Goberno socialista fixo fincapé na “celeridade coa se deu resposta a este problema sobrevido, por causas meteorolóxicas, pois entendemos que se debe actuar con rapidez para poder restituír a circulación e garantir a seguridade viaria no menor prazo posible”.

Exit mobile version