Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta indica que os Xulgados de Viveiro contan cun cadro de persoal completo e recentemente tramitouse a creación dunha nova praza para o xulgado nº. 2, pendente da súa ocupación efectiva por comisión de servizos

Polo que respecta á carga de carga de traballo, segundo datos estatísticos oficiais, é lixeiramente superior aos módulos de entrada aprobados polo Ministerio de Xustiza e o Consello Xeral do Poder Xudicial. Dos datos estatísticos do no 2018 na xurisdición penal rexistraron unha entrada de asuntos inferior ao módulo de entrada, mentres que excedeu na materia civil. Os funcionarios dos xulgados de Viveiro participaron no plan de recuperación tras a folga e facendo máis de 100 horas extra. Calquera petición dunha medida de reforzo debe ser analizada e aprobada pola Comisión Mixta entre TSXG e a Xunta, e tamén ir ligada a un plan de seguimento do resultado da medida.

Exit mobile version