Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumn@s da escola infantil Santa María do Campo reuniranse cos usuarios do Centro de Día A Concordia arredor do outono

 Ribadeo, 27 de novembro de 2019. Alumnado da escola infantil Santa María do Campo, de Ribadeo, van reunir mañá, 28 de novembro, cos usuarios e usuarias do Centro de Día A Concordia. Trátase dun encontro entre nenxs e maiores para contribuír á transmisión do galego entre as distintas xeracións e celebrar unha festa arredor do outono.
A actividade desenvolverase entre as 15:30 e as 17:00 horas no Centro de Día A Concordia, onde os nenos e nenas da escola infantil Santa María do Campo participarán nunha merenda preparada polos maiores. Alí contarán un conto e utilizarán o material de xogos que fixeron eles mesmos nos obradoiros.
A iniciativa, incluída no programa APEGO, é continuidade da xuntanza que tivo lugar antes do verán, daquela xs pequenxs reuníronse coas persoas usuarias do Centro de Día.
A actividade, denominada Os anos que achegan, está organizada polo Centro de Día A Concordia e pon especial interese no contacto entre as dúas xeracións co galego como lingua vehicular.

Exit mobile version