Site icon Crónica3.com A Mariña

As Asociacións de Veciños de Lieiro e Trasbar reúnense de novo para referendar o seu Irmandamento

O pasado sábado, as Asociacións de Veciños Nª Sª de Lieiro e Burgo de Trasbar, reuníronse de novo para referendar o seu Irmandamento. Nesta ocasión o encontro tivo lugar no Local social de “Burgo de Trasbar”, onde veciños de ambas as localidades, acompañados por autoridades locais, gozaron dunha agradable comida. Con esta nova xuntanza as Asociacións, queren selar o Irmandamento asinado o 10 de xuño de 2017 cando se reuniron por primeira vez en Lieiro coa idea de “facer pobo”, potenciando a convivencia entre persoas de ambas as aldeas e a realización de actividades en conxunto entre ambas as Asociacións.

Exit mobile version