Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro felicita ao equipo feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala Burela, galardoado pola Xunta nos Premios Deporte Galego

 Lugo, 29 de novembro de 2019. O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, felicitou ao Pescados Rubén Fútbol Sala Burela, que foi galardoado como mellor equipo feminino nos Premios Deporte Galego do ano 2018 que concede a Xunta de Galicia (ex aequo co Atlético Guardés de balonmán).

Balseiro gabou “o esforzo e a dedicación deste equipo, que difunde os nomes de Burela e da Mariña alí onde chega e que nos fai campións”. Nesta liña, apuntou que “debemos felicitarnos, tanto polos éxitos como polo bo traballo que realizan cada día na nosa comarca centos de clubs e entidades -con nenos e nenas, mozos, adultos ou seniors-, estendendo a cultura e os valores do deporte”.

Exit mobile version