Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado de Compromiso por Galicia diante do novo mandato municipal de Burela

Burela, 25 de novembro, 2019. CxG demostrou que a coherencia política está no bando dos galeguistas, por primeira vez na democracia unha formación decide non participar nunha repetición electoral por estar adulterada. A baixa participación e o resultado testimonial dalgunha forza non ven máis que a darnos a razón.

De todos xeitos parabenizamos ao BNG polo seu resultado e por conseguir que o PSE non teña maioría, catro anos máis da inacción de Llano serían moi nefastos para Burela.

En decembro comeza un novo mandato co mesmo resultado que en Xuño pero con menos votantes, un logro da política burelá. Diante de este novo mandato dende CxG manifestamos:

1. Seguiremos a presentar iniciativas, entre 2015 e 2019 presentamos máis de 80.
2. Esixiremos o cumprimento dos programas, especialmente a municipalización de servizos que comprometeu o BNG.
3. Faremos labor de control como se establece na lei de transparencia, esperamos que neste senso o PSOE cumpra, xa que no anterior mandato non foi así.

Manifestamos a certeza de concorrer en 2023 con forzas renovadas.

EXECUTIVA LOCAL DE CxG BURELA

Exit mobile version