Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa o ciclo “Teatro de Outono” en Alfoz que se realiza a través do programa Buxiganga 2019 da Deputación, en colaboración coa Área de Cultura municipal e a ANPA do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro.

O sábado 9 de novembro, ás 19.00h, no Salón de Actos do Centro Sociocultural, o grupo A Adala de Fazouro, representará a obra “Comeza a función”, unha comedia ambientada nos anos 40 na que un par de veciños que se levan a matar teñen que facer unha obra de teatro para reparar a pía de auga bendita.

Exit mobile version