Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios aos gañadores do segundo Campañazo de novembro do CCA de Foz

 Foz, 21 de novembro de 2019. Entregados os premios aos gañadores do segundo Campañazo de novembro do CCA de Foz. Mª José Montero Iglesias resultou agraciada con 300 euros en vales de compra para gastar nos comercios participantes. O cartón afortunado foille entregado na tenda María Docampo. Mª José Montero seguiu o Campañazo do pasado venres desde Xoyma. Outras seis persoas resultaron premiadas nesta cita e repartíronse os outros 300 euros en vales de compra.
No acto de entrega dos premios participaron a secretaria de ACIA/CCA de Foz, Olaya Pedrosa; Ángeles Piñeiro, de Xoyma; e tamén María Docampo, que estiveron xunto aos afortunados.
Mañá, venres, ás 23:00 horas terá lugar o terceiro sorteo do Campañazo de novembro, que organiza o CCA. En xogo estarán outros 600 euros en vales de compra para gastar nos comercios participantes.

Exit mobile version