Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios aos gañadores do terceiro Campañazo de novembro do CCA de Foz

 Foz, 27 de novembro de 2019. Entregados os premios aos gañadores do terceiro Campañazo de novembro do CCA de Foz. Mª Carmen Toro Cabrera resultou agraciada con 300 euros en vales de compra para gastar nos comercios participantes. O cartón afortunado foille entregado en Asesoría Marcos Fernández. Mª Carmen Toro seguiu o Campañazo do pasado venres desde Xoyma. Outras catro persoas resultaron premiadas nesta cita e repartíronse os outros 300 euros en vales de compra.
No acto de entrega dos premios participaron a secretaria de ACIA/CCA de Foz, Olaya Pedrosa; Ángeles Piñeiro, de Xoyma; e tamén Marcos Fernández, que estiveron xunto aos afortunados.
Mañá, venres, ás 23:00 horas terá lugar o cuarto e último sorteo do Campañazo de novembro, que organiza o CCA. En xogo estarán outros 600 euros en vales de compra para gastar nos comercios participantes nesta campaña.

Exit mobile version