Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta mércores celebrouse no auditorio da Casa da Cultura de Burela un concerto destinado aos escolares dos centros de primaria da localidade

Foi ofrecido polo profesor de percusión da Escola Municipal de Música de Burela, Pablo Del Valle, que entusiasmou aos asistentes cunhas pezas destinadas a mostrar os recursos musicais que derivan da fusión de distintos estilos dende o tradicional á musica electrónica, utilizando tanto os instrumentos de percusión clásicos coma os de producción doméstica. Ao.longo do concerto puideron coñecer toda a familia dos instrumentos de percusión dende a marimba, pasando pola batería e rematando con instrumentos de pequena percusión como a pandeireta.

Exit mobile version