Site icon Crónica3.com A Mariña

Estibaliz Espinosa presenta a súa poesía en Foz

Foz, 26 de novembro, 2019. A Festa Palabra terá continuidade o mércores 27 de novembro ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz cun recital a cargo Estibaliz Espinosa, unha das voces novas máis recoñecidas da poesía galega, que fará un percorrido pola súa traxectoria poética.

Estibaliz Espinosa, nada na Coruña en 1974, é licenciada en socioloxía e filoloxía hispánica, desenvolvéndose profesionalmente como escritora, cantante lírica e divulgadora científica. Autora dunha longa traxectoria literaria iniciada en 199 con Mecánica celeste, deu ao prelo títulos como Pan (libro de ler e desler),Orama,Número e, Zoommm. Textos biónicos, Curiosidades, Caer de cu polo universo. A carón da súa obra individual ten colaborado cos seu poemas en ducias de publicacións colectivas, estando considerada como unha das principais voces poéticas da coñecida como xeración dos noventa.

A produción poética de Estibaliz Espinosa foi traducida a diferentes linguas estranxeiras, como español, o ruso, o alemán, o inglés, o francés ou o italiano, sendo habituais as súas colaboración literarias en revistas galegas ou estranxeiras de refencia, entre elas o suplemento Babelia de El Pais ou o suplemento cultural do ABC. Ao tempo mereceu algúns dos máis importantes galardóns literarios da nosa poesía como o Premio Esquío, o Espiral Maior, o Díaz Xácome, A fundación ou da Gala do libro na categoría de poesía.

Os actos da Festa da Palabra terán continuidade o xoves 28 de novembro ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz, cun recital do escritor e xornalista Manuel Darriba.

Exit mobile version