Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito da Viaxe á Ribeira Sacra, e Asemblea xeral extraordinaria da Asoc. de Veciños “O Vencello” de Burela

 Burela, 18 de Novembro de 2019. O Vencello vén de realizar unha Viaxe á Ribeira Sacra, o pasado 9 de Novembro de 2019 que incluía: saída da estación de autobuses de Burela ás 08:00 horas en autobús de 1ª categoría, visitas guiadas en miradoiros e á adega Regina Viarum, comida típica nun restaurante cercano á adega e paseo en catamarán dende o embarcadoiro de Doade (sobre as 16:00 horas), e seguro de viaxe. Esta viaxe foi un éxito a pesar das inclemencias meteorolóxicas. As 23 persoas que participaron puideron desfrutar dunhas fermosas paisaxes acompañadas por unhas brétemas sobre o río Sil que fixeron do entorno unha paisaxe moi mística. A directiva da asociación quere agradecer a participación nesta viaxe ademais de ter sido un grupo fantástico, moi animado e cheo de risas así como implicado na experiencia e hábido por saber e informarse de todo o que a viaxe contemplaba, dende o entorno e o río, os viñedos, o funcionamento da adega e todo o desenvolvemento da zona. Agradecer tamén a viaxes eroski, na persoa de Pedro, o seu xerente en Burela, e o noso guía Boris, por facilitarnos tanto as cousas así como darnos un trato exquisito.
O vindeiro venres, 22 de novembro de 2019 ás 20:30 horas no Salón de Actos da Antiga Biblioteca de Burela realizarase unha Asemblea Extraordinaria de Socios para presentar candidaturas para configurar a nova Xunta Directiva da Asociación que cumpre catro anos de mandato e tal e como reflicten os estatutos debe ter eleccións transcorrido dito período. Nesa Asemblea presentaranse as candidaturas e decidirase nese mesmo acto a data da votación final, que non será nunca máis tarde do 15 de decembro de 2019. Invitamos a tódolos socios a participar nesta asemblea e poder opinar e interactuar todo o que desexen en referencia á asociación.

Exit mobile version