Site icon Crónica3.com A Mariña

Festival infantil de Ledicia este sábado

 Burela, 27 de novembro, 2019. Recén pasado o noso 45 aniversario como asociación, e a piques de comezar o tempo de Nadal, dende a S.C.R. Ledicia queremos compartir con veciños e amigos a ledicia de ver que as novas xeracións manteñen viva a cultura tradicional.
O sábado 30 de novembro a partir das 18:00 h no auditorio da casa da cultura de Burela terá lugar un festival infantil de baile e música tradicional no que participarán

Arco da Vella, de San Miguel de Reinante
Airiños dos Carrís, de Cerdido
S.C.R. Ledicia, de Burela

Por outra parte, o vindeiro 6 de decembro, no local social da asociación, terá lugar un obradoiro de enfiado de colares ao xeito tradicional.
Será impartido por Ana María Nogareda Mato – Na Ristra; e terá un custe de 5 € para soci@s e 15 € para non soci@s
Para participar é imprescindible inscribirse no mail lediciascr@gmail.com antes do 2 de decembro. Mais información a través do mail.

Dende Ledicia animamos á veciñanza a disfrutar do traballo dos pequenos grandes artistas que son o noso futuro.

Exit mobile version