Site icon Crónica3.com A Mariña

Galicia en Común pide o voto por un Goberno forte de esquerdas con Lugo en primeira liña

 Lugo, 8 de novembro.- A candidata de Galicia en Común por Lugo, Vanessa Somoza, fixo hoxe un chamado a unha mobilización histórica este domingo nas urnas, pola dignidade das maiorías sociais, as liberdades recortadas e os dereitos ameazados no que Lugo importe fronte a un sistema bipartito PP-PSOE “apodrecido que chegou ao seu fin”.

“Convocaron estas eleccións para derrotarnos a todas. Para que ficarades na casa e pensarades que todos os políticos son iguais e ter así a vía libre para seguir saqueando i expoliando aos traballadores e traballadoras. Mais estamos en pé fronte ao bipartidismo, dicindo que este sistema empodrecido xa rematou e que chegou a hora da xustiza social”, manifestou Somoza.

“As cousas boas acádanse unidos, con tesón, forza e honestidade. Galicia importa, Lugo importa. E así o demostramos no Congreso dos Deputados e tamén nas rúas. Con Alcoa, Poligal, cos profesionais dos coidados, da pesca, do naval, do telemárketing, incidía a candidata. “Lugo importa e, coa vosa forza, ímola poñer en primeira liña”.

No último día de campaña a nosa candidata por Lugo, Vanessa Somoza, facía un chamado emocionante e pedía o voto para Galicia en Común-Unidas Podemos por un Goberno de esquerdas, “de esquerdas para protexer aos mozos e mozas, as mulleres, aos autónomos, aos asalariados, aos pensionistas, aos desafiuzados, aos migrados e ao noso medio e patrimonio”.

“O voto que vale, o voto útil este domingo é para Unidas Podemos. Por un Goberno forte de esquerdas, contra a dereita e o fascismo, para facer políticas de esquerdas en favor das clases populares no que Galicia conte, este dentro e no centro das decisións políticas. Este domingo enchede as urnas de votos para amosar que a dignidade do pobo galego é quen mais ordea.

Exit mobile version