Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran actuación de Lidia Balseiro e Iria Rguez no Cros Internacional de Atapuerca

A benxamín Lidia Balseiro e a infantil Iria Rodríguez acudían o pasado sábado a Burgos para participar no Cros Internacional de Atapuerca.
Lidia alcanzaba a 6ª posición final dun total de 400 atletas e Iria entraba en categoría infantil entre as 20 primeiras clasificadas dun total de 360.
Senllas atletas competiron con moito frío e auga pero aínda así regresaron encantadas desta nova experiencia, xa que tiveron a ocación de estar ó carón de grandes ídolos como a vencedora feminina Senbere Teferi ou o masculino Ouassim Oumaiz, ademais de estar con ilustres como Fernando Carro ou Aadel Mechaal

Exit mobile version