Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciativas do BNG de Viveiro para o pleno de novembro

Viveiro, 12 de novembro, 2019. Estas son as iniciativas do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro para o pleno do 12 de novembro:

Mocións

Creación dun Plan Tributario Personalizado para que os veciños que queiran, poidan acollerse a un plan de pago personalizado máis cómodo, sendo compensados económicamente cun desconto do 3% no pago de impostos municipais.

Diante do que os titulares, minutos de silencio e declaracións institucionais son insuficientes, presentamos esta moción para o 25N, día internacional contra as violencias machistas.

Rogos e preguntas

En que grao de execución se atopa a posta en marcha do sistema de gravación dos plenos, ferramenta básica para que a veciñanza coñeza e se implique na toma de decisións que lles afectan directamente no seu día a día.

Que ocorreu coa nosa moción aprobada para a creación da Ordenanza Contra a Protección Acústica, necesaria para mellorar a convivencia nos cascos urbáns do concello.

Por terceira vez, preguntaremos que locais ten o concello en titularidade municipal, así como o estado no que se atopan e que criterios de cesión emplean.

A Banda Municipal de Música de Viveiro, a cal ten 40.000€ de partida nos orzamentos 2019, cal é o motivo polo non se lle fixo neste ano ningún ingreso dificultando a xestión da mesma, e cando se llo vai a facer?

A canto ascenden este ano as facturas con reparos que foron pagadas polo Concello de Viveiro? Unha factura que ten un reparo é porque non cumple coa Lei de Contratacións, pero o Goberno Municipal decide pagalas a pesares de ter un informe negativo da Interventora.

Exit mobile version