Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova directiva da ACD Penalba-Club de Remo Celeiro

Celeiro, 29 de novembro, 2019. Este venres a ACD Penalba-Club de Remo Celeiro levou a cabo a súa reunión ordinaria anual e a extraordinaria de elección de nova xunta directiva. Tras presentarse unha única candidatura, queda consituída deste xeito: Juan Canoura Calzado (Pdte), Daniel Fernández Novo, Oscar Canoura González, Cristian Giz Prieto, Marcos Santiago Fernández e José Manuel Prieto Sierra. Dende a nova directiva damos as gracias aos anteriores directivos pola súa labor e apoio, presente e futuro, e animamos a todos a participar na asociación e nas actividades que desenvolva. Comunicamos que o día da celebración da XXIII edición da Festa da Merluza do pincho de Celeiro, será o 18 de xullo de 2020.

Exit mobile version