Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo anima á veciñanza e aos visitantes a participar no magosto de A Rebolaxe, este sábado en San Cibrao

Terá lugar a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar. A cita está organizada por este colectivo coa colaboración do Concello, que anima a veciños e visitantes a participar na actividade na que haberá castañas, bocadillos, touciño, salchichas, música, karaoke e sorteos. Xa ás 20:00 horas está prevista a actuación de Pakolas co seu espectáculo infantil “As parábolas de Pakolas”, como colaboración especial do Concello de Cervo para este evento.

Exit mobile version