“Hai catro cuestións prioritarias para nos na provincia de Lugo, a creación dunha autoridade portuaria propia para A Mariña que dote o porto de San Cibrao de autonomía, a liberalización e apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás, o saneamento integral das rías e a defensa do sector pesqueiro diante, entre cousas, das incertezas que se están a xerar polo Brexit”, enumerou Rodil.
En relación co sector pesqueiro, o programa eleitoral do BNG de cara aos comicios a participación directa de Galiza na reforma da Política Pesqueira Común (PPC) e a súa consideración como zona altamente dependente da pesca. Tamén a negociación do reparto equitativo de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacidade extractiva do sector, e a esixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC´s e cotas.
Apoio aos traballores de Alcoa en Viveiro
A candidata nacionalista ao Congreso visitou o porto de Celeiro tras participar na mobilización convocada polo comité de empresa da factoría de San Cibrao en Viveiro para demandar “solucións para Alcoa”.
Rodil, que asistiu a todas as manifestacións convocadas polos traballadores nas últimas semanas, sumouse a unha ampla delegación de representantes comarcais do BNG e á deputada do grupo provincial nacionalista e Vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro que, mais unha vez, amosaron o seu apoio aos traballadores e demandaron unha tarifa eléctrica galega que “garanta o emprego en Alcoa”.