Site icon Crónica3.com A Mariña

Os actos contra as violencias organizados polo Concello de Foz serán este domingo, día 24, e o luns 25

 Foz, 21 de novembro de 2019. Os actos contra as violencias organizados polo Concello de Foz serán este domingo, día 24, e o luns 25. Anunciouno hoxe, xoves, a concelleira de Muller e Igualdade, Verónica Peña.
A edil explica: “desde o Concello de Foz estamos moi involucrados contra as violencias e por iso con motivo do 25N vamos facer varios actos. Empezaremos o domingo 24 cunha obra de teatro de marionetas familiar, coa compañía Trécola que representará Xogo revolto. O luns 25 no IES de Foz haberá unha charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual para os alumnos e alumnas de 4º da ESO. Tamén este luns faremos as oito da tarde diante da Casa do Concello a entrega de camisetas cos logos En negro contra as violencias. E os participantes poderán escribir mensaxes nunhas cartolinas negras que temos preparadas e despois leranse, para que todos poidan oílas, e colgarémolas nunha árbore, para que todo o mundo tamén poida lelas durante varios días, nos que estarán alí expostas. Tamén se lerá unha manifesto institucional para reiterar o compromiso coa loita para a erradicación das violencias”.

Exit mobile version