Novas infraestruturas para o século XXI
Vellas demandas da sociedade mariñá e do BNG volverán ao Congreso dos Deputados, entre elas rematar co retraso nas infraestruturas viarias, coma a autovía Barreiros-San Cibrao, con décadas de esquencemento enriba, ou a vía de FEVE, porque se hai vontade política, pódese evitar que siga esmorecendo e convertila nun moderno medio de comunicación.
Enerxía solución¡¡ Marco enerxético propio
Un dos primeiros retos retos do BNG, e aos que se referíu Xosé Manuel Peña foi ao tema da enerxía, “necesaria para que siga funcionando o mais importante polo industrial da provincia, a factoría de aluminio de San Cibrao, pero tamén moitas empresas da comarca e da provincia que tenen que pagar un altísimo precio pola electricidade, por eso o BNG demanda un marco enerxético propio coa creación dunha Tarifa Eléctrica que abarate o prezo da enerxía no país que mais produce no Estado” afirmou o candidato que incidíu tamén na necesidade de ter unha alternativa industrial diversificada.