Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas esixen o goberno de Feijoo que adxudique a EDAR de Burela antes de xuño do 2020

Lugo, 21 de novembro de 2019. A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero esixe á Goberno de Feijoo que adxudique as obras da EDAR de Burela antes de que remate o primeiro semestre de 2020, garantindo a aplicación dos fondos europeos e evitando a súa perda.

A secretaria provincial avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para que se faga esta obra tan necesaria para todas as veciñas e veciños de Burela. “Non podemos esperar nin un minuto máis, reclamamos, esiximos e demandamos que non nos tomen máis o pelo coa realización desta infraestrutura”, espetou.

Otero argumenta que “en Burela hai unha necesidade urxente dunha nova depuradora de augas residuais (EDAR). É un problema que arrastran os veciños e veciñas de Burela desde hai anos. Xa en decembro do ano 2011 o por aquel entón alcalde, o señor Barcia, admitía problemas case a diario coa depuradora de augas residuais e quería unha nova para o concello”.

Explica que “en abril de 2015 Augas de Galicia detectaba incumprimentos na dita depuradora. E en agosto de 2018 a UE avisaba a España por fallos na depuración en varios concellos galegos, entre eles o de Burela. As primeiras informacións apuntaban a que as novas instalacións da EDAR poderían estar en funcionamento no ano 2017, pero os traballos fóronse dilatando e a día de hoxe seguen pendentes, correndo o risco serio de que se non se rematan estas obras en prazo se perdan fondos europeos”.

Así as cousas lembrou que a “Directora de Augas de Galicia dixo na súa comparecencia na Comisión de Orzamentos da Xunta para o 2020, que nese ano se finalizará a redacción do proxecto de saneamento, orzamentando para iso 250.001 euros. Estamos a falar dunha obra que se prevé que rolde os 9.000.000 de euros”.

Otero replica que “ante esta situación é preciso unha actuación urxente, xa que a perda dos fondos comunitarios comprometería seriamente a viabilidade da nova depuradora de augas residuais”.

Que prazos manexa a Xunta?
A maiores, a Deputada Autonómica quere saber “cales son os prazos que manexa a Xunta de Galicia para a construcción da nova estación depuradora de augas residuais de Burela?. E si considera a Xunta de Galicia “que cos prazos que baralla para a construción da nova EDAR se poñen en perigo os fondos europeos previstos para esta construción?”.

Exit mobile version