O popular fixo esta afirmación cuestionando que os socialistas se dirixan á Xunta de Galicia, cando entre esta e a UE existe a administración do Estado, que é quen se encarga de negociar estes fondos, mentres que a autonómica só os xestiona e os reparte.
“Os que están creando alarma son vostedes. Non nos din se imos estar sen PAC tres ou catro anos. Isto é o que nos preocupa e preocupa aos campo de Galicia e que derivará na España vacía. O Goberno é o que ten a obriga de negociar a PAC. Veñen a vendernos unha moción para ver se cola e desviar a ineptitude do Goberno Central á hora de negociar ou aportar os fondos, co fin de que os cidadáns pensen que a culpa é da Xunta de Galicia”, concluíu.
O deputado lamentou que, logo de escoitar ao PSOE, non se esclarecese se se vai interromper a PAC dende 2020 a 2024. Pola contra, o Goberno galego prorrogará todas axudas medioambientais e está moi por diante doutras Comunidades na execución do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR). Pardo Lombao explicou que Galicia ten executado o 45% destas axudas, mentras Andalucía, por exemplo, que ten moitas semellanzas coa comunidade galega, tan só o 25%. O Executivo de Feijóo, remarcou, “executará os 700 millóns incluídos no PDR”.
Por este motivo, e tendo en conta que as achegas da Xunta de Galicia están garantidas, os populares votaron en contra. E é que incluso a deputada do Bloque Nacionalista Galego recoñeceu na súa intervención que os datos da moción do PSOE “están obsoletos”.