Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro en Alfoz

Este sábado ás 19:00 no Centro Sociocultural de Alfoz continúa o mes de teatro dentro do programa Buxiganga. A ANPA do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro organiza en colaboración coa Deputación unha obra infantil-familiar do grupo “Ti e mais eu teatro” de Lugo, titulada “A meiga no palleiro do galo castiñeiro”. A protagonista é como non podía ser doutro xeito, a castaña, pero haberá unha meiga moi especial e ….. o galo castiñeiro…. Vaia liorta!

Exit mobile version