Site icon Crónica3.com A Mariña

Un total de 26 obras de toda Galicia optan ao II Premio de novela Vilar Ponte organizado polo Concello de Viveiro

sdr

Viveiro, 21 de novembro de 2019. O xurado do Premio de Novela Vilar Ponte de Viveiro reúnese este sábado, día 23, para decidir os nomes do gañador ou gañadora e finalista da segunda edición deste certame organizado polo Concello de Viveiro.

Un total de 26 obras de toda Galicia optan ao premio. O xurado está composto por Carlos Nuevo, cronista Oficial de Viveiro e historiador; Xoán Neira López, mestre e escritor; María Donapetry Caamacho, escritora e profesora, e Rosario San Isidro Franco, como secretaria, actuando con voz e sen voto.

O acto de entrega de premios será o 5 de decembro no Teatro Pastor Díaz. O gañador/a recibirá 4.000 euros, unha placa e un diploma, e o finalista 1.000 euros, placa e diploma.

Hai que destacar que as dúas obras premiadas o ano pasado están xa publicadas (Matar ao heroe, de Adolfo Caamaño, e Veleno en familia, de Rocío Leira).

“Estamos moi satisfeitos pola calidade e a cantidade dos exemplares recibidos, as dúas edicións foron un éxito e queremos consolidar o premio dentro do escenario da literatura galega”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Exit mobile version