Site icon Crónica3.com A Mariña

A academia de inglés Kids& Us, de Ribadeo, organiza diversas actividades do Nadal na vila ribadense, en Foz e en Figueras

Este venres chega o primeiro gran evento, o Christmas Little Chef: un taller de cociña 100% en inglés. O sábado ás 12:00 horas na librería Bahía, de Foz, representarase a storytime The Elf’s inventions; unha obra de teatro para peques na que un dos elfos de Papá Noel tentará axudarlle a salvar o Nadal cos seus inventos. A entrada é libre ata completar aforo. Quen non poida acudir ten máis oportunidades para ver esta obra. O 21 representarase en Figueras ás 12:00 horas. Nesta ocasión terá un carácter benéfico pois se fará en favor da Asociación Galbán (asociación de familias de nenos con cancro de Asturias).

Exit mobile version